Os Xacobeos do 1993 e 1999 tiveron unha imaxe que trascendeu as fronteiras galegas e españolas: o Pelegrín. Sen embargo, coa chegada do Bipartito, esta figura desbotouse. Todo semellaba que o simpático peregrino se recuperaría co retorno do PP á Xunta e, de feito, semella que nun principio esa era a intención. Nembargantes, ao final o departamento de Roberto Varela decidiu prescindir desta figura polo custo da súa recuperación.
Segundo explicou o conselleiro, a propiedade intelectual do Pelegrín non é da Xunta, polo que a recuperación e actualización da súa imaxe tería un custo demasiado elevado nun momento no que “hai que optimizar os recursos”, sinalou Varela. Ao conselleiro que lanzara ao Pelegrín, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, parécelle que o 2010 era “unha oportunidade perfecta” para reentronizalo. “Non sei por que a perden”, sinalou a La Voz.