Turismo da Coruña estará presente na EIBTM de Barcelona, a principal exposición do sector de turismo de congresos e negocios, que se celebra do 1 ao 3 de novembro. Este salón especializado contará con numerosos expositores especializados en organización de congresos, eventos e viaxes de negocios, polo que constitúe unha excelente oportunidade para coñecer as tendencias da industria, descubrir novos destinos, produtos e servizos, ademais de establecer contactos con máis de 3.000 provedores internacionais.
Na feira estarán presentes os mercados máis destacados do mundo, con visitantes invitados entre os que se atopan importantes executivos con responsabilidades de alto nivel en materia de compras.
O Primeiro Tenente de Alcalde e responsable da área de Turismo, Henrique Tello, salientou a importancia de potenciar o turismo de reunións a nivel internacional, co fin de seguir avanzando no desenvolvemento dun sector estratéxico para a cidade, pola súa xeración de beneficios, a súa contribución á difusión da imaxe do destino e o seu destacado papel na desestacionalización do turismo.