De cara á importante cita de 2010, os diferentes concellos galegos polos que pasan as rutas xacobeas fan as últimas demandas á Xunta á hora de poderen contar cun albergue para atender aos peregrinos. Este é o caso de Allariz, un dos concellos que o Goberno bipartito barallaba para ubicar un albergue e que, co cambio na Xunta, semella que o proxecto se enfriou. As autoridades locais piden que se reconsidere a posibilidade de dotar á localidade dun establecemento destas características.
Por outra banda, a Igrexa está estudando converter o hospitalillo de Pontedeume nun albergue de peregrinos. Trátase dunha construción semiruinosa pola que xa se interesara a Xunta e que conta con catrocentos metros cadrados útiles.