O Consello da Xunta de Galicia aprobou a segunda fase do Plan corrector dos Camiños de Santiago, que autoriza un investimento de 6.377.000 de euros en intervencións no trazado físico e na rede de albergues do Camiño Inglés, Norte, Primitivo e Vía da Prata. Esta cantidade completa a partida de 5,8 millóns de euros prevista na primeira fase do Plan corrector para os Camiños Francés, Portugués e Fisterra-Muxía. En total, a Consellería de Cultura e Turismo destinará, a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, unha contía superior aos 12,1 millóns de euros para a revalorización continua dos Camiños de Santiago en Galicia.
A distribución deste importe entre os catro camiños será a seguinte: Camiño Inglés, 1.163.000 euros; Camiño Norte, 1.944.000 euros; Camiño Primitivo, 1.316.000 euros e Vía da Prata, 1.952.000 euros.
A distribución deste importe entre os catro camiños será a seguinte: Camiño Inglés, 1.163.000 euros; Camiño Norte, 1.944.000 euros; Camiño Primitivo, 1.316.000 euros e Vía da Prata, 1.952.000 euros.