O Parlamento galego aprobou por unanimidade unha iniciativa do PPdeG que insta á Xunta a que demande do Goberno do Estado que a variedade de uva Albariño se exclúa da etiquetaxe dos viños sen denominación de orixe. A iniciativa baséase no Artigo 50 da nova Organización Común de Mercados (OCM), que outorga a cada Estado membro a posibilidade de impedir que na etiquetaxe dos viños se mencionase certa variedade que, en función dunha serie de criterios obxectivos, será excluída e polo tanto preservada.
En base a esta normativa, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas pretende que, entre as variedades de uva preservadas polo Estado Español, se contemple a uva Albariño, unha das variedades autóctonas máis importantes de Galicia. Facéndose eco de tal demanda, a deputada do PPdeG Rosa Oubiña presentou no Parlamento a proposición non de lei aprobada cos votos favorables dos tres grupos, despois de que o Grupo Popular aceptara unha emenda do BNG. A proposta estende esa petición ás restantes viníferas autóctonas galegas, co fin de evitar o risco de engano para o consumidor en relación á auténtica orixe do viño.