O Diario Oficial de Galicia publica unha Orde da Consellería do Medio Rural pola que se aproba o regulamento da Denominación de Orixe Valdeorras e do seu Consello Regulador. Con este procedemento culmínase toda a tarefa de actualización dos regulamentos das denominacións de orixe e a súa adaptación á normativa actual da UE.
As modificacións afectan fundamentalmente a aspectos relacionados coa produción e elaboración dos viños. Entre as novidades máis salientables están dous novos tipos de viño amparados pola denominación: o escumoso e o tostado. O Valdeorras escumoso é obtido segundo o método tradicional e elaborado cun mínimo do 85% de uvas da variedade godello, mentres que o Valdeorras tostado é un viño naturalmente doce, que se elabora a partir de variedades tintas ou, se é de uva branca, esta será da variedade godello.