Santiago de Compostela volverá acoller o Fórum Gastronómico, se ben na súa segunda edición trasladarase ao recinto feiral de Amio. As datas elixidas son do 20 ao 25 de febreiro e agárdase a participación dalgúns dos mellores cociñeiros do mundo como Ferrán Adriá, Pierre Gagnaire, os irmáns Joan e Josep Roca ou o galego Pepe Solla. O Fórum está organizado por Turismo de Santiago, Pep Palau y Von Arend & Associats, promovido polo Concello, a Asociación de Hostalería e a Cámara de Comercio e patrocinado polas consellerías de Medio Rural e Mar, a Deputación e o Consorcio, así como por varias empresas privadas. Destaca a ausencia, entre os patrocinios, da Consellería de Cultura e Turismo.
Á presentación do evento asistiron autoridades santiaguesas e representantes do mundo gastronómico galego, como Xosé Cannas e Erundina Vázquez.
Á presentación do evento asistiron autoridades santiaguesas e representantes do mundo gastronómico galego, como Xosé Cannas e Erundina Vázquez.