O Mexillón volve apostar por ACUI

O Consello Regulador do Mexillón de Galicia deixa atrás polémicas anteriores e volve apostar pola feira ACUI, que se celebra no recinto feiral de Fexdega, en Vilagarcía de Arousa. Así, o ente presidido por Francisco Alcalde ocupará un espazo de 300 metros cadrados nesta feira.

O evento terá lugar do 2 ao 4 de marzo do vindeiro ano e está previsto que acudan unhas cinco mil persoas, o que o convirte nunha excelente plataforma para dar a coñecer o produto galego. Prevese a participación de 100 expositores de todo o mundo, con 270 marcas diferentes.