O Centro de Interpretación das Conservas da Illa de Arousa retomou as visitas guiadas, con grupos procedentes de Baiona e León. Dende o Concello valoran positivamente que a xente se interese polo patrimonio industrial de Galicia, coa visita á antiga fábrica de Goday, unha das pioneiras da comarca arousana. Dentro da visita, os excursionistas teñen a posibilidade de ver maquinaria antiga e moderna e de subir ao miradoiro do Con do Forno.