O Consello da Xunta acordou sancionar á empresa Bodegas Luis Caride S.L., con domicilio en Ourense, cunha multa de 90.401 euros pola comisión, de xeito continuado, de dúas infraccións moi graves e unha leve en materia de calidade agroalimentaria, tipificadas na Lei 24/2003, do 10 de xullo, da viña e do viño. As dúas infraccións moi graves están tipificadas, por un lado, no artigo 40.1.f), que se refire á “manipulación, traslado ou disposición, sen autorización, de mercadorías intervidas cautelarmente, se se violan os precintos ou se as mercadorías saen das instalacións onde foron intervidas” e, por outro, no artigo 40.1.d), relativo á “falsificación de produtos ou a venda de produtos falsificados”.
No primeiro caso a multa é de 60.000 euros e no segundo, de 30.001. Ao se acumularen as infraccións e, xa que logo, as sancións, xunto coa que se deriva da comisión da falta leve (400 euros, por incumprir o establecido no artigo 38.1.a), sobre a “ausencia dos libros-rexistro, sen causa xustificada, cando fosen requiridos para o seu control en actos de inspección”), o montante total da multa ascende aos devanditos 90.401 euros.