2010: o ano da Muralla de Lugo

O Concello de Lugo en Pleno aprobou por unanimidade a proposta da Alcaldía para a declaración do ano 2010 como Ano da Muralla Romana. A data coincide co décimo aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade por parte da Unesco.

O Concello de Lugo quere seguir para adiante, avanzando cara a modernidade pero tendo sempre presente o pasado romano e a historia da cidade, polo que pretende rememorar esta data dun xeito especial no décimo aniversario. Para a realización dos actos de celebración do décimo aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio Mundial, o Pleno do Concello aprobou a creación dunha Comisión de seguemento presidida polo alcalde, un representante de cada grupo político con representación municipal, a concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e un técnico municipal.