A crise encheu o Miño de embarcacións á procura da angula, un dos produtos estrela do Nadal e que máis altas cotizacións acada. Pero, contra todo pronóstico, as capturas están superando as expectativas. Se nun ano habitual habería unhas sesenta embarcacións traballando, este ano acádanse as cento cincuenta. Os prezos mantéñense pese á crise e, de feito, o produto esgotarase.
Por outra banda, segundo recolle La Opinión, o polbo e a pescada son das especies que atravesan unha peor situación da costa galega. A sobreexplotación é un dos males que afecta especialmente ao polbo pero tamén se ten constatado un descenso no tráfico medio de capturas practicamente en toda Galicia.