A Consellería de Cultura e Turismo, a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, e o Concello de Santiago celebrarán este xoves un espectáculo multimedia de fogos de artificio e luz que servirá para marcar o inicio da celebración do Ano Santo 2010. A montaxe de 8 minutos de duración está deseñada polas empresas especializadas en grandes eventos piromusicais Visual Producciones Multimedia e a pirotécnica Ricardo Caballer. O obxectivo é inundar de luz e cor o ceo de Compostela a partir da última badalada da Torre da Berenguela, con dous impactos iniciais que sairán do reloxo.
O espectáculo centrarase nas prazas de A Quintana e Platerías e consistirá na decoración e proxección sobre a Torre da Berenguela de imaxes relacionadas co Xacobeo 2010 e co inicio da cita xubilar. Será mediante proxectores de alta potencia e dun láser que posibilitará rotular textos e logotipos con movemento e animación. Doutra banda, dous grandes trazadores iluminarán o ceo mentres fogos de artificio visibles desde toda a cidade sinalarán o comezo da celebración do Ano Santo. Durante os 8 minutos do espectáculo, sucederanse un total de 890 unidades de disparos, é dicir, máis de 100 disparos por minuto, todo controlado dixitalmente, 100 por cento pirodixital.
Por primeira vez, a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo fai posible asemade que este ano as badaladas da compostelá Praza da Quintana vaian ser retransmitidas por televisión a toda España con motivo no novo Ano Xacobeo 2010. A TVG e Antena 3 elixirán o marco incomparable de Santiago para dar inicio ao novo ano, con motivo do comezo do Xacobeo.