O alcalde de A Coruña inicia unha nova polémica coa Xunta de Galicia, e todo polo emprego das siglas GLG para agrupar aos tres aeroportos da comunidade. Javier Losada asegura que non existe ningún precedente na historia da aviación civil de algo semellante. O rexedor considera que unha única denominación sería contraproducente para o desenvolvemento das tres infraestruturas, se ben a Xunta non parece compartir este posicionamento.
O alcalde afirma que levará este asunto á próxima reunión do comité de rutas galegas e que A Coruña ten “unha postura clara”. Losada asegura que os cidadáns “teñen claro que viaxan a unha cidade”, fronte ao posicionamento da Xunta que quere vender un destino único.