A comarca da Costa da Morte conta cun novo museo, nesta ocasión adicado aos muíños de auga. Está instalado na rectoral de Golmar, no concello de A Laracha, e dispón de pezas, fotografías e paneis explicativos sobre a función dos muíños. O inmoble foi sometido a unha profunda transformación.
E outro museo, pero que polo momento é só un proxecto, é o do automóbil de A Coruña. Segundo publica La Opinión, o Ministerio de Industria vén de unirse ao Concello e a Fundación Jorge Jove para desenvolver esta iniciativa. A ubicación elixida sería o parque de Bens. Así, o Goberno central comprométese a realizar os estudos e auditoría previos á creación desta proposta museística. A Fundación posúe unha ampla colección de automóbiles e vehículos a motor que serán a base do futuro museo.