O Plan de Atención ao Peregrino 2010 prestará axuda continua aos peregrinos nos distintos Camiños e establecerá operativos de protección civil nos grandes eventos do Xacobeo 2010 nos que estean previstas grandes concentracións de persoas. Así, tomando como punto de partida experiencias Xacobeas anteriores, o Plan de Atención ao Peregrino 2010 preséntase “mellorado, áxil, dinámico e prestando o mellor servizo posible a todos os peregrinos”, insiste a Xunta. Prevese a participación duns mil voluntarios de 86 agrupacións de Protección Civil das localidades polas que discorren os diferentes camiños.
Por outra banda, seguen chovendo críticas á organización do Xacobeo. Desta volta é a Cámara de Comercio de Santiago a que acusa á Xunta de discriminar á cidade do Apóstolo como marca e destino. Tamén critica a entidade a promoción que se está realizando do Ano Santo e o eslogan elixido. Cre que “Ano Santo Compostelán” ou “Camiño de Santiago” deben aparecer “inexcusablemente” entre os lemas publicitarios do evento.
Doutra banda, a Xunta fixo públicos os datos relativos ao número de peregrinos que chegan a Galicia e destaca que oito de cada dez elixen o Camiño Francés.