Mondariz Balneario foi a localidade elixida para acoller o primeiro concerto do programa do Xacobeo 2010, a cargo da Orquestra Sinfónica Nacional Checa, dirixida pola española Inma Shara. O presidente da Xunta e o conselleiro de Cultura e Turismo presidiron o acto. Durante o recital, a orquestra interpretou por primeira vez a obra “Melodía de Mondariz”, creada exclusivamente por Shara para este concerto.
Pero o pistoletazo de saída dos actos puramente relixiosos será este xoves coa apertura da Porta Santa, trala Traslatio dos restos do Apóstolo deste mércores. Moitos peregrinos esperan xa desexosos que se abra a Porta para entrar por ela na Catedral e abrazar a Santiago nada máis comezar o 2010.
Por outra banda, a Casa de Galicia en Madrid acollerá o vindeiro sábado a presentación do reto xacobeo do nadador David Meca. Tentará cruzar a nado, por primeira vez, a Ría de Arousa.