A xunta de Goberno do Consorcio de Turismo da Coruña deu o visto bo ao novo plan director que será presentado a principios de ano. O proxecto prevé unha reestruturación “profunda” do sector e contempla unha nova estrutura da entidade municipal “para facela máis operativa e eficiente nas súas funcións”. O texto ten como un dos seus obxectivos buscar unha marca para a cidade, que a sitúe dentro dos destinos turísticos galegos e españois.
Mentres, en Ferrol, co comezo do ano botará a andar a Empresa Municipal de Turismo, que se encargará das políticas de promoción da cidade, nas que por primeira vez se dá entrada á iniciativa privada. A empresa queda constituída cun capital social de 60.000 euros, dos que o 90% son aportados polo Concello.