O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e o director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, presentaron a imaxe e a campaña de publicidade do Xacobeo 2010 que difundirá a mensaxe “Agora é cando, Galicia é onde”. A campaña de comunicación presentará a idea de que o “Xacobeo 2010 é o ano de Galicia” co obxectivo de facer partícipe a todo o mundo da celebración do Ano Santo e atraer o maior número de visitantes e turistas posible. Dunha banda, invitarase a vir a Galicia a celebrar o Ano Santo e, doutra, convidarase aos galegos a festexar este momento único.
Sen embargo, o lema non gustou a todos. Así, segundo recolle El Correo Gallego, tanto o alcalde compostelán como un dos directivos da Asociación Hostelería Compostela, Jesús Sordo, amosaron certo reparo pois consideran que a mensaxe non é demasiado clara. Bugallo amosouse “sorprendido” mentres que Sordo pregúntase que publicitario tivo a idea de facer una frase tan longa e complicada de lembrar.
No Xornal recóllese, ademais, que Xosé Sánchez Bugallo tería criticado a intención da Xunta de aproveitar o Xacobeo para promocionar toda Galicia. O alcalde advirte do risco que supón obviar que esta celebración se vencella directamente con Santiago de Compostela. A este respecto, o conselleiro respondeu que o Xacobeo "é de todos", se ben Santiago terá un papel "fundamental" e acollerá boa parte das actividades programadas.
A realización do spot da campaña presentada pola Xunta correu a cargo do tándem de realizadores formado por Gracia Querejeta e Rubén Señor. O responsable da dimensión gráfica da campaña será o fotógrafo Javier Tles. O Plan de Medios en 2009 contempla a emisión do spot en formatos de 45” e 30” en Galicia, España e Portugal, tanto en cadeas xeralistas como temáticas e inclúe unha campaña de televisión con accións especiais. A campaña de prensa prevé insercións para anunciar o comezo do Xacobeo 2010 en xornais galegos e de todo o Estado.