O Xacobeo está a punto de comezar. Se por datas aínda quedan catro días, a programación cultural bota a andar este martes co concerto que a Orquestra Sinfónica da República Checa ofrece en Mondariz, dirixida por Inma Shara. O repertorio evocará os distintos momentos históricos vividos pola vila termal. Está prevista a asistencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
Xa o mércores terá lugar a Traslación, con Núñez Feijóo como delegado rexio. E o xoves 31 haberá unha procesión ata a Porta Santa, coa presenza do exército, que culminará co seu descubrimento, a cargo do obispo, Julián Barrio.
Por outra banda, a Dirección Xeral de Xuventude pon en marcha un programa que permitirá que 450 mozos e mozas galegos recreen nunha ruta marítima o mito da Translatio do Apóstolo dende Palestina. O programa inclúe actividades etnográficas, patrimoniais e ambientais enmarcadas todas elas na Ruta Xacobea Arousá. Entre outras, os rapaces participarán nunha ruta a bordo dun drakkar vikingo.