Sete mil persoas participaron no Outono Gastronómico

Ao redor de sete mil persoas gozaron das excelencias do Turismo Rural de Galicia e da súa sobranceira gastronomía a través do Outono Gastronómico en Turismo Rural, posto en marcha por Turgalicia por terceiro ano consecutivo. Participaron un total de 103 casas, un 30% máis que na anterior edición. Os ingresos superaron os 400.000 euros, mellorando tamén os resultados económicos da anterior campaña.

As casas rurais de Galicia comercializaron 1.126 menús (na súa oferta de unicamente xantar), 3.631 paquetes (xantar e aloxamento) e 1.578 fins de semana (xantares e dúas noites de aloxamento).