Vedra conta xa cun museo etnográfico

A localidade de Vedra vén de estrear o seu museo etnográfico, que se propón converterse nun centro vivo para poñer en valor a historia do municipio e da comarca. Entre os elementos que se poden ver están vitrolas dos anos vinte, apeiros de labranza, un vello proxector de cine ou unha imprenta manual.

O presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, presidiu o acto de inauguración e sinalou que a iniciativa é “un exemplo a seguir” por outras localidades. O centro foi deseñado polo arquitecto Fermín Blanco.