Vía Romana e María Castaña sorprenden polo Nadal

Despois de varios anos de experiencias, Vía Romana sorpréndenos co seu primeiro barrica: VR. Este viño presenta á variedade Mencía que procede dos viñedos de máis idade da adega. O resultado é un Ribeira Sacra único que permaneceu sete meses en barrica de carballo francés, redondeado en botella ata a actualidade.

E outra das sorpresas deste Nadal é o novo formato co que sae ao mercado o licor doce María Castaña, do grupo ViniGalicia, nunha botella de 750 mililitros. Trátase dun viño doce con castañas elaborado con uvas tintas que repousa catro meses en depósito e un mínimo doutros tres en botella.