Viña Costeira cos novos viticultores

Viña Costeira celebrou recentemente a súa reunión anual de socios, na que decidiu iniciar o proxecto “Viticultor 2020”, unha aposta polo medio rural e os viticultores novos apoiados pola sabedoría dos seus maiores. Ademais, a adega é noticia porque neste Nadal non enviará ningún agasallo pero o seu valor destinarase a prantar unha vide nos futuros viñedos dese proxecto. Nesa finca prantaranse as variedades Treixadura, Loureira, Albariño ou Godello.