Voluntarios galegos, doutras comunidades, xunto con europeos e doutros continentes participarán no Xacobeo grazas ao programa de voluntariado posto en marcha pola Dirección Xeral de Xuventude, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, e pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. Todos eles prestarán os seus servizos, por primeira vez, nos nove Camiños. Así o explicaron o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e o director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, que destacaron o importante papel que desenvolven os voluntarios.
O próximo 15 de xaneiro ábrese o prazo para que todos os que estean interesados poidan inscribirse no programa.As tarefas que desenvolverán os participantes serán, basicamente, informativas, culturais e de enlace dos peregrinos con outros organismos e persoas. Os requisitos son ser maior de 18 anos (sen límite de idade) e obter a cualificación de apto nos cursos de formación en liña dirixidas aos voluntarios, que teñen como obxectivo que a atención sexa o mellor e máis técnica posible.
Por outra banda, a Dirección Xeral de Xuventude tamén porá en marcha o proxecto “Eu Camiño”, que supón a primeira ocasión na que voluntarios internacionais participarán no Xacobeo, garantindo a atención en distintos idiomas nos albergues, e que supón tamén “un importante apoio e respaldo” por parte da Unión Europea. Os participantes proceden de 19 países da Unión Europea (Austria, Bélxica, Estonia, Finlandia, Francia, Alemaña, Grecia, Hungría, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Holanda, Noruega, Malta, Polonia, Portugal, Reino Unido e Romanía).