As Rías Altas son tan aptas para o mexillón como as Baixas

Expertos do Consello Superior de Investigacións Científicas e do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo veñen de corroborar que as Rías Altas teñen as mesmas condicións para a produción de mexillón que as Baixas. É dicir, que porque teñas distinto nivel de salinidade e sexan máis frías, o mexillón non ten por que ser de menor calidade.

O estudo realizouse nas rías de Sada e Ares e, segundo as investigacións, teñen unha produtividade semellante ás de Arousa ou Vigo. Os resultados deste informe poderían favorecer unha explotación das rías máis sustentable.