Este xoves presentouse o Centro de Interpretación da Ría do Eo, situado no municipio asturiano de Castropol, nun acto oficial onde estiveron representantes da administración autonómica galega e asturiana, así como dos municipios interesados. O Centro ten unha superficie útil de 278,85 metros cadrados e conta cun miradoiro sobre a Ría do Eo, para a observación da mesma. Este edificio construíuse co fin de mostrar e destacar os valores desta ría no contexto da Reserva da Biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón, poñendo en valor a biodiversidade deste entorno.
A Reserva da Biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón foi acordada de xeito unánime pola UNESCO o 18 de setembro de 2007 e comprende os termos municipais de Castropol, Vegadeo, Taramundi, San Tirso de Abres, Villanueva de Oscos, Santa Eulalia de Oscos e San Martín de Oscos, en Asturias, e de Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Ribeira de Piquín, Baleira, A Fonsagrada e Negueira de Muñíz en Galicia.