“Poucas campañas con este orzamento obtiveron tanta rendabilidade á vista dos resultados que acadou”, salientou o primeiro tenente de alcalde e responsable da área de Turismo da Cidade Herculina, Henrique Tello, á vista do balance da campaña de desestacionalización A Coruña 365 º, que ten como obxectivo incrementar o número de visitantes á cidade fóra do período estival.
Esta campaña, desenvolvida ao longo do ano 2009, é froito da colaboración de Turismo da Coruña e Hospeco (cada unha destas entidades aportou 60.000 euros) xunto coa Xunta de Galicia, que destinou 120.000 euros.
Tello amosou a súa vontade de conseguir que esta campaña se reedite no presente ano Xacobeo, no que “as institucións debemos estar especialmente unidas á hora de exportar os valores que nos caracterizan como algo diferente que ten moitísimo que ofertar”.
Neste sentido, engadiu que a declaración da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade engade un peso especial á oferta turística da Coruña que se debe aproveitar e lembrou que tenlle trasladado á Xunta o completo informe co balance desta campaña para que reediten o convenio a partir de marzo.