O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, reuniuse en Madrid co alcalde de Muxía, Félix Porto, e o director xeral de Turespaña, Antonio Bernabé, no que significou un encontro de gran transcendencia para desbloquear o Parador de Turismo de Muxía. Posibilítase así a construción do que se converterá no duodécimo parador de Turismo de España.
Roberto Varela matizou que a Xunta de Galicia “asume algo que non nos correspondía” pero pola súa implicación co plan de dinamización económica da Costa da Morte “a Xunta fai un esforzo especial. Imos sacar adiante este proxecto polo ben dos habitantes da Costa da Morte”. A acta asinada supón para a Xunta a execución dunha partida orzamentaria cifrada en 312.000 euros, máis outros 90.000 abonados con anterioridade.