Economía e industria concede 1,66 millones en préstamos para hostalería, industria e distribución

A través do Instituto Galego de Promoción Económica, o IGAPE, a Consellería de Economía e Industria acordou conceder préstamos directos por importe global de 1,66 millóns de euros para apoiar os investimentos promovidos por tres empresas dos sectores da hostalería, industria e distribución e reparación de automóbiles. En materia de hostelería, o Igape concederá un préstamo de 910.000 euros para apoiar o remate do investimento e o equipamento dun hotel de catro estrelas impulsado pola sociedade Tanemex de Lalín , que suporá a creación de 20 novos empregos