O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, apelou ao galeguismo popular e ao espírito de cooperativismo que sempre caracterizou a Eulogio Gómez Franqueira para lograr unha Galicia “máis forte” e tamén “máis cooperativa”. “Quero unha Galicia cooperativa”, aseverou o mandatario autonómico durante a homenaxe ao fundador da Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro.
No acto, Feijóo dirixiuse aos galegos que aínda teñen “recelos” cando se fala de fusión ou de grandes proxectos e pediulles que miren cara Ribadavia e á súa Cooperativa xa que, corenta e dous anos despois de que os cooperativistas empezaran a unirse “ninguén pode dicir que se equivocaron” porque “sabían que a unidade era imprescindible, igual que o sabemos nós neste século XXI”, engadiu. Na súa intervención, o presidente galego lembrou que Gómez Franqueira foi quen de crear un modelo empresarial galego “que pervive e pervivirá”.