Mar reúnese co sector para consensuar o decreto de aparellos de pesca

O director xeral de Ordenación e Xestión de Recursos MAriños, Pablo Fernández Asensio, mantivo un encontro co Presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, Benito González, cos representantes das tres Federacións Provinciais de Confrarías - A Coruña, Lugo e Pontevedra, e con dous representantes do palangrillo de cada provincia para analizar o borrador do decreto que ten programado redactar a Consellería do Mar para regular as artes e aparellos permisibles en Galicia.