O Centro Tecnolóxico do Mar - Fundación CETMAR colaborará co goberno de Cabo Verde no desenvolvemento da pesca artesanal dese país. Un acordo de cooperación subscrito entre a institución galega e o Ministerio do Ambiente, Desenvolvemento Rural e dos Recursos Mariños permitirá a posta en marcha dun proxecto que ten como obxectivo estruturar e fortalecer o sector pesqueiro artesanal caboverdiano.
Con financiamento da Axencia Española de Cooperación Internacional ao Desenvolvemento, as accións previstas iniciaranse o 1 de febreiro e estenderanse durante un período de dous anos.
Con financiamento da Axencia Española de Cooperación Internacional ao Desenvolvemento, as accións previstas iniciaranse o 1 de febreiro e estenderanse durante un período de dous anos.