O portal de internet galiciavensientela.com, creado pola Consellería de Cultura e turismo a través de Turgalicia para promocionar a Comunidade galega no certame internacional de turismo Fitur, recibiu unhas 91.000 solicitudes de acceso de internautas interesados en coñecer a oferta turística galega presente neste certame turístico.
O sitio web, deseñado en galego, español e inglés, para facer accesible os seus contidos a internaturas de todo o mundo, conta con información de toda a oferta turística galega en distintos formatos, permite descargar contidos audiovisuais, imaxes e textos dixitalizados sobre Galicia, ademais de ofrecer en directo, vía TV, as distintas actividades, visitas institucionais e presentacións que teñen lugar ao stand de Galicia en FITUR 2010.