O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, presidiu a presentación da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Grelos de Galicia, que tivo lugar no Instituto de Educación Secundaria Sanxillao da capital luguesa. Este acto celébrase trala publicación –o pasado 8 de xaneiro– no Diario Oficial de Galicia da Orde pola que se aprobaba o regulamento desta IXP e do seu Consello Regulador. Con este trámite, os grelos de Galicia conseguían o seu rexistro definitivo como produto con indicativo de calidade, recoñecido tamén o pasado 30 de outubro de 2009 en todo o ámbito comunitario a través da correspondente publicación do seu rexistro no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE).
O titular do Medio Rural salientou a importancia deste recoñecemento como defensa do propio produto e garantía de orixe para os consumidores. Destacou ademais que con esta IXP se certifica a galeguidade dos grelos, un dos froitos de referencia da nosa despensa. O Consello Regulador da IXP Grelos de Galicia está presidido por José Luis Dadín Rivadas, e formado ademais por cinco vogais en representación do sector produtor, outros cinco representando ao sector comercializador en fresco e cinco máis ao sector industrial. A área de produción esténdese a todos os concellos de Galicia.