Pontevedra foi a cidade elixida para levar a cabo a firma do convenio para a posta en marcha da Rede de Cidades Romanas do Atlántico. O encontro, ao que asistirán todas as localidades que se vaian adherindo a esta rede, celebrarase entre os meses de maio e xuño, se ben aínda non hai data concreta.
Esta Rede nace coa participación de once cidades, se ben Pontevedra agarda que en próximas datas se incorporen tamén A Coruña e Lugo. O colectivo ten como obxectivo potenciar o turismo de todas as cidades participantes e promocionar a súa imaxe poñendo en marcha e desenvolvendo accións relacionadas co turismo e integradas dentro doutras iniciativas e programas de carácter europeo.