A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, presentou en Fitur o paquete turístico ‘Escápate aos entroidos de Ourense’, unha iniciativa para que os visitantes poidan participar de maneira activa nos cinco entroidos de Ourense declarados de interese turístico: Xinzo de Limia, Laza, Verín, Viana do Bolo e Manzaneda. No acto, a secretaria xeral deu a coñecer aos asistentes unha práctica guía que permitirá gozar dos cinco entroidos de maneira conxunta, unha das manifestacións máis populares do inverno no interior de Galicia e que destaca polos seus valores etnográficos e festivos e pola súa capacidade de convocatoria.
Pardo subliñou tamén outro dos aspectos máis destacados do paquete turístico, o denominado “Entroidobús”, un sistema de sete liñas diferentes de autobús lanzado en colaboración coa Dirección Xeral de Mobilidade e que percorrerán gran parte do territorio ourensán con horarios flexibles e axustados ás actividades principais dos entroidos.