A Xunta colabora nun proxecto tecnolóxico para facilitar a implicación das persoas discapacitadas á ruta xacobea
A Xunta de Galicia, a través das secretarías xerais de Modernización e Innovación Tecnolóxica, de Familia e Benestar e da S.A Xestión do Plan Xacobeo colaborará no proxecto O Camiño dos Satélites, que promovido pola Fundación Tecnología Social, busca facer accesible a ruta xacobea as persoas con diversidade funcional.
Vinte persoas con esta diversidade, co músico Serafín Zubiri á fronte percorrerán o camiño francés durante o próximo mes de outubro. O seguimento dos peregrinos mediante GPS e GRPS, a elaboración de informes de accesibilidade e audio - guías para persoas con diversidade funcional están entre as actividades programadas.