O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, aproveitou a visita do portavoz municipal do PP en Santiago, Xerardo Conde Roa, ao stand de Galicia en Fitur para informarlle do gasto que realizará o Xacobeo en Santiago. Varela explicou que se superarán os 11.800.000 euros, especificados en máis de 40 eventos culturais.
A totalidade da partida que o Xacobeo destinará a Santiago distribuirase no desenvolvemento dun programa cultural específico para a cidade de Santiago, cifrado en 9 millóns; a firma de diversos convenios con diferentes entidades da cidade como as Concellerías de Cultura e Festas do Concello de Santiago, o Consorcio de Santiago, o Arcebispado e o Cabildo da Catedral, cifrados en 1,5 millóns de euros; e en varios patrocinios de equipos deportivos da cidade entre os que destacan o club de baloncesto Obradoiro e o Lobelle Fútbol Sala, cifrado en 1,3 millóns de euros.