Con motivo da celebración da Festa do Viño de Chantada, o Centro Multimedia de Galicia (CMG) celebrará no Telecentro de Comunicación (TC) do municipio lugués unha cata guiada. Este evento, que se desenvolverá en horario de 20:00 a 22:00 horas, poderá ser seguido tamén, a través dunha multivideoconferencia, desde o propio CMG, en Santiago, e desde outros seis Telecentros de Comunicación das catro provincias galegas.
En total, no evento poderán participar 229 persoas: 40 en cada un dos TC de Chantada, Catoira, Carballo e Tui; 28 no do Barco de Valdeorras; 16 no de Monforte de Lemos; 15 no de Oroso, e outras 10 desde o Centro Multimedia de Galicia. Todos os asistentes disporán do material necesario para a cata: cuspideira, caldos, copas… Desde o Telecentro de Comunicación chantadino, un enólogo será o encargado de abrir o acto e dar paso a unha cata guiada, na que todos os participantes, desde os distintos TC, poderán plantexar as súas dúbidas e experiencias, valéndose das vantaxes das novas tecnoloxías.