Cátedra de Hidroloxía Médica na USC

O día 1 de marzo comezarán a impartirse as clases da primeira cátedra de Hidroloxía Médica de Galicia, financiada na súa totalidade pola Consellería de Cultura e Turismo a través da Secretaría Xeral para o Turismo. Con este financiamento da cátedra na Universidade de Santiago de Compostela maniféstase o compromiso do goberno de Galicia co sector termal, un dos sectores máis representativos da oferta turística galega.

O obxectivo desta acción é que estes profesionais as prescriban no futuro dende as súas diferentes especialidades e centros de traballo e tamén para motivalos a que se especialicen en hidroloxía médica unha vez rematada a carreira, de modo que se asegure a dispoñibilidade de directores clínicos formados para os nosos balnearios. Tamén dende a Administración autonómica se desenvolveron outras accións importantes relativas á política termal, entre as que destacan o impulso á AEI Termal (Agrupación Empresarial Innovadora) ou unha liña de subvencións destinada á creación e mellora de hoteis-balneario e hoteis-talaso.