O mal tempo non puido coas citas gastronómicas da fin de semana, que colleitaron un gran éxito de asistencia. No concello coruñés de Boqueixón, a cita foi coa Filloa de Lestedo. Milleiros de persoas desprazáronse a esta localidade para degustar un dos postres máis típicos destas datas e comprobar, de paso, o bo funcionamento da maior filloeira do mundo, que prepara 1.500 unidades por hora. Filloas doces ou sen azucre, para combinar con touciño entrefebrado ou chourizo, fixeron as delicias dos asistentes.
Outra das citas ineludibles da fin de semana foi a Festa do Lacón con Grelos de Cuntis, na provincia de Pontevedra. Veciños e visitantes implicáronse con esta celebración e ateigaron a carpa de degustación durante toda a xornada. Tampouco desmereceu a exaltación de Porco Celta que celebraron os hostaleiros da vila lucense de Sarria. Medio milleiro de persoas saborearon un cocido con carne desta raza galega. Sumáronse ao clube do Tixoleiros de Honra, entre outros, José Antonio Carril de Asoporcel ou o gastrónomo José Mouriño.