O delegado da Xunta de Galicia en Buenos Aires, Alejandro López Dobarro, inaugurou este mércores, xunto ao Director Xeral de Museos de Xeneral Pueyrredón, Juan Bautista Mastropascua, a exposición “Olladas no Camiño de Santiago. Xacobeo 2010”. O acto desenvolveuse no hall da Casa do Concello de Xeneral Pueyrredón, onde poderán visitarse as 60 fotografías de Delmi Álvarez, Fernando Bellas, Tino Martínez, Javier Teniente, Xulio Villarino e Tino Viz sobre as rutas de peregrinación xacobeas.
Miradas no Camiño de Santiago é unha exposición organizada pola Xunta de Galicia para difundir en Arxentina o Xacobeo 2010. Logo da súa presentación na cidade de Buenos Aires e na localidade de Villa Gesell, chega agora a Mar del Plata, cando a cidade balnearia acolle a temporada de verán, multiplicando varias veces a súa poboación estable de 700.000 habitantes. Logo deste emprazamento a mostra visitará a Córdoba, Santa Fé, Mendoza, Bahía Blanca, Azul, Puerto Madryn, Comodoro Rivadavia, Río Gallegos e Ushuaia.