A Consellería de Cultura e Turismo, dentro do Camiño Contemporáneo do Xacobeo 2010, ten programadas 24 exposicións para os primeiros seis meses deste Ano Santo. A iniciativa Camiño Contemporáneo aposta polas exposicións itinerantes como fórmula para dar a coñecer os autores e a súa obra á maior cantidade de público.
Dentro das mostras promovidas para este Xacobeo 2010, actualmente en Santiago pode contemplarse a mostra “Luis Seoane. Razón e compromiso”, onde se recolle de forma fiel o labor artístico deste polifacético galego. Outra das apostas do Xacobeo 2010, neste Camiño Contemporáneo, será “Lume na fonte. Antón Lamazares na domus nai”, que se inaugurará o próximo 25 de febreiro en Santiago.