As localidades portuguesas de Viana do Castelo e Veira do Minho celebran este sábado e domingo as súas Fins de Semana Gastronómicas, en colaboración con Turismo do Porto e Norte de Portugal. Viana do Castelo promove o Bacalhau à Gil Eanes e as Meias-Luas nunha longa lista de restaurantes participantes. Acompañando á degustación, celebraranse outras moitas actividades como actuacións musicais e animación polo centro histórico. Pola súa banda, Veira do Minho promove o cocido local “Couves com Feijões” e, como sobremesa, os Barquilhos Recheados.
Trátase dunha oportunidade única para achegarse a estes municipios veciños e saborear catro dos pratos máis típicos da súa gastronomía.
Trátase dunha oportunidade única para achegarse a estes municipios veciños e saborear catro dos pratos máis típicos da súa gastronomía.