Galicia e Euskadi estreitan lazos de colaboración, tamén en materia turística

Os presidentes dos gobernos autonómicos de Galicia e Euskadi, Alberto Núñez Feijóo e Patxi López, mantiveron un encontro para estreitar lazos de colaboración entre ambas rexións en diversos ámbitos, entre eles o turístico. Nese sentido, Feijóo mencionou a potenciación do Eixo Atlántico, do Camiño de Santiago do Norte “cuxa declaración como Patrimonio da Humanidade estamos buscando”, do produto turístico España Verde baseado nas vilas mariñeiras do Cantábrico, da actividade pesqueira ou doutras cuestións vencelladas coas infraestruturas.