Este venres celébrase na localidade portuguesa de Valença do Minho un seminario internacional sobre desenvolvemento turístico sustentable, no que estará presente un experto enviado pola Secretaría Xeral de Turismo da Xunta de Galicia. O representante galego disertará sobre “Turismo sustentable e aplicación da Axenda 21 en Galicia”. Tamén asistirán expertos doutros países como Irlanda ou Francia.