O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, salientou que o Goberno galego confía en superar os 20 millóns de euros en patrocinios do Xacobeo 2010 que, segundo aseverou, está plenamente comprometido coa promoción da cultura galega. Así o manifestou na sesión de control do Parlamento, onde indicou que a Xunta ten incrementado nun 60 por cento o orzamento da Sociedade de Xestión do Xacobeo con respecto ao 2009.
Con respecto á programación, o titular do Goberno autonómico afirmou que están confirmadas 500 actuacións de distinta índole e que a Xunta aspira a acadar, a finais de 2010, as 2.000 actividades programadas. Feijóo apuntou que a inauguración do Ano Santo celebrouse en Roncesvalles porque “é onde se inicia o Camiño Francés que é o máis transitado”, e asegurou que os presidentes autonómicos que alí iniciaron con el o Camiño van finalizalo en Compostela. Neste punto, confirmou que os Príncipes de Asturias visitarán Santiago con motivo de Ano Santo, así como os Reis de España.