Este domingo terá lugar a vixésimo sétima edición da Festa da Filloa de Lestedo, no concello coruñés de Boqueixón. Trátase dunha das citas máis importantes do calendario galego coa gastronomía máis típica do Entroido e unha oportunidade única de comprobar in situ o funcionamento dunha das filloeiras máis grandes do mundo. Agárdase que acudan á festa unhas 15.000 persoas.
Dentro dos actos festivos atópase a presentación da guía “El Pico Sacro. El monte sagrado de Galicia”. O libro pretende ir máis alá dun mero itinerario que axude aos visitantes a coñecer os lugares de maior interese turístico.