Máis de 1.000 persoas gozaron das degustacións de produtos galegos que ofreceu o stand da Xunta de Galicia no Fórum Gastronómico de Santiago 2010. As 25 catas organizadas polas Consellerías do Mar e Medio Rural ao longo destes días foron un éxito e encheron a aula, con capacidade para 40 persoas.
Ambas Consellerías ofreceron un completo abano de posibilidades e combinacións de produtos do mar, da acuicultura e da agricultura de Galicia, co obxectivo de impulsar e promocionar o seu consumo. A Consellería do Mar aproveitou a celebración do Forum para promover o consumo de peixe e marisco de Galicia.